COCIÑA CON PATXI

   RECEITA 1: EMPANADA DE XOUBAS OU BOCAREUS

BOCAREU ( EN CASTELÁN "BOQUERONES")


                       INGREDIENTES        
                    

  • MASA:15gramos de lévado de panadería,un chisco de sal, 650gr de fariña,medio vaso de leite ,auga e  un chisco de sal. 
  • RECHEO: Medio Kilo de xoubas ou BOCAREU pequenos,dúas cebolas,catro dentes de allo,dous porros,medio pemento vermello,200gramos de tomate frito,dúas cullerada  de aceite de oliva virxe extra,sal e pementa.    
                            
                                   

 





                        ELABORACIÓNS 


  •   Elaboracións masa:   Mesturamos o lévedo nun vaso de auga morna e esperamos sobre 5 minutos.Logo, botamos a fariña mesturada co sal  no mesado("encimera" en castelán).A continuación,facemos un oco no medio.Despois,botamos o leite e a auga mesturada co lévedo.Comenzamos a xuntar cara dentro e imos engadindo   auga pouco a pouco segundo  falla falta  ata que teñamos  unha masa  consistente,despois  amasamos 10 ou 15 minutos  e colocamos unha cunca ou un recipiente circular  grande  enfariñado.Tapamos cun pano e deixámolo levedar   sobre dúas horas .  Pasado ese tempo e se todo vai ben,tivo que duplicar o seu tamaño orixinal. 
  •     Elaboracións do recheo:  Quitámoslle a espiña e lavamos os bocareus .Picamos os allos,cando este dourado engadimos a cebola, o porro e o pemento .A continuación,botámoslle sal e   deixámolo na tixola 30 ou 40 minutos .  Cando estea  ben feito  e case  sen auga ,engadimos o tomate frito e   ata que quede espeso con pouca auga .
  •          Unión da masa e do recheo:Collemos un 60 por cento da masa e estirámola,repartimos o recheo sobre a masa e colocamos  os bocareus ou xoubas(dependendo do caso)  ca pel cara arriba e despois estiramos a outra parte da masa  e cubrimos os bocareus ou xoubas,selamos os bordes cun garfo e pintamos con ovo batido,abrimos un burato no medio do tamaño dun euro e metémola no forno pre-quente a 200 grados sobre 25 minutos . 
 LISTO A COMER !!!   
 

SE TES CALQUERA DÚBIDA ,DÉIXAA  EN COMENTARIOS E PATXI  RESOLVÉRAA.




ENVÍANOS AS FOTOS DA TÚA EMPANADA.

QUE DESFRUTES FACÉNDOA E COMÉNDOA!

 

                                                                                 RECEITA DE PATXI DURÁN 

Comentarios

Publicacións populares