ARROZ MARIÑEIRO CON VERDURAS

 COCIÑA CON PATXI: ARROZ MARIÑEIRO CON VERDURAS 

 
 
 

Ingredientes: 1kg de berberechos,500 gr de ameixas ,250 gr de mexillóns,250 gr luras ,2 tomates,1 allo porro,1 ceboleta ,2 dentes de allo,1 brócoli,500gr arroz,2 vasos de viño de albariño , perexil e 1 pemento verde e 1 pemento roxo.


 Elaboración:

1. Poñer os berberechos e as ameixas nun recipiente con auga e sal,para que solten as areas e mentres podes preparar as verduras.



  2.Botar un chisco de aceite de oliva nunha cazola de barro e comenzaremos  dourado o allo.

3. Engadir o resto de verduras excepto o brócoli,un vaso de viño ,sal,pementa e deixamos a escalfar.


4. Abrir os berberechos,ameixas e mexillóns cun vaso de  viño.

 5. Engadir o tomate fritido,as verduras escalfadas e deixar reducir ata que estean ben tenras.



6. Quitar as cunhas dos berberechos e deixar a das ameixas,limpar os mexillóns,picar brócoli.Reservar o caldo de abrir o marisco para engadir as verduras .
 

 
7. Engadir o caldo do marisco ás verduras e completar con auga,para que sexa aproximadamente  o dobre que a do arroz.


 8. Picar as luras  e poñer nun cazo con algo de auga a lume por se fai falta engadir máis arroz. (Ten que ser sempre auga quente).
 
9. Cando teñamos a auga da cazola a ferver,engadimos o arroz e o colorante ,remexemos e despois, engadimos   os berberechos , as ameixas,as luras e o brócoli.
 

 
10. Cociñamos a lume alto sobre 15 minutos ,removemos con tino para que non se queime.

 
LISTO !
 
A COMER !
 
 
PATXI LÓPEZ DURÁN -COCIÑA CON PATXI

 

Comentarios

Publicacións populares