COCIÑA CON PATXI
RECEITA2: TORTA DE ESCARAPOTE (CABRACHO EN CASTELÁN)
Esta é unha receita fácil e rica .Ademais,é unha forma para que todos e todas coman peixe e pódese facer con anterioridade. Pódese facer con escarapote ou con calquera peixe de rocha e tamén con salmón.
- Ingredientes:1 escarapote apróx de 900gr,10 ovos,1cenoria e media,1 allo porro,500 ml de nata para cociñar,400ml de tomate frito,pan raiado,manteiga para untar o molde,sal e pementa.
- Elaboracións:
- Cocer o escarapote ca cenoria ,allo porro e un chisco de sal e pementa.Non é necesario picar as verduras porque só é para darlle sabor.
2. Bater os ovos nunha cunca ampla,xa que alí imos mesturar todos os ingredientes.
3.Cando estea ben cocido(sobre 15 minutos dende que ferve)limpar e quitarlle a espiña e a pel ao peixe.Despois,podemos esmiuzar en anacos ,o tamaño depende do gusto de cada un e unha. Se non queres atopar anacos podes mesturalo no batedor ,isto depende de cada un e unha.
5.Untar o molde con manteiga fundida .Despois, hai que botarlle pan raiado a manteiga fundida para que saia mellor a torta.
6.Botar a mestura no molde e poñer no forno a baño maría sobre unha hora e media a 200 grados .
7. Compróbase perforando cun palillo,se sae seco ,quere dicir que está limpo e LISTO.
8. Retirar do forno e agardar a que arrefría .A continuación,quítalle o molde e a conséllase meter na neveira 2 horas.
Consello: ACOMPAÑAR CON PATACAS COCIDAS OU ARROZ EN BRANCO .
TAMÉN,LLE QUEDA MOI BEN UNHA POUCA MAIONESA .
NOTA : COMO FACER MAIONESA?
. INGREDIENTES: aceite de xirasol,ovo,sal,pementa,un chisco de vinagre,un dente de allo.
LISTO,XA TES A TÚA MAIONESA CASEIRA !
ANÍMATE COCIÑAR CON PATXI E EN GALEGO,TEN PREMIO!
TAMÉN,LLE QUEDA MOI BEN UNHA POUCA MAIONESA .
NOTA : COMO FACER MAIONESA?
. INGREDIENTES: aceite de xirasol,ovo,sal,pementa,un chisco de vinagre,un dente de allo.
LISTO,XA TES A TÚA MAIONESA CASEIRA !
ANÍMATE COCIÑAR CON PATXI E EN GALEGO,TEN PREMIO!
Comentarios
Publicar un comentario