ROBALIZA Ó FORNO CON VERDURAS
ROBALIZA Ó FORNO CON VERDURAS
Esta receita pódese facer igual con xarda ou xurelo sempre,que sexan
grandes.
Ingredientes:
6 patacas,1 allo porro,1 pemento verde,1 pemento vermello,1 cebola,2 dentes de allo,
2 tomates,1 brócoli,1 vaso pequeno de viño branco,1 vasos de caldo de peixe(pode ser auga,se non dispoñemos do caldo),2 robalizas de500gr,sal e pementa.
Elaboracións:
- Picamos allo e douralo nun pouco de aceite de oliva( sobre 3 ou 4 culleradas),despois seguimos picando o resto de verduras(excepto brócoli e tomate) en anacos non moi pequenos.A continuación, engadimos a tixola do allo (onde estamos a dourar o allo) e escalfar lume lento.
2. Cortamos as patacas en "panadeira" dun grosor aproximado de medio centímetro e a continuación,botámolas na tixola que ten que estar a unha temperatura alta para que queden douradas por fóra e tenras por dentro,salpementar e reservar.
3. Cando as verduras estean tenras,engadimos 1 vaso de caldo de peixe (senón temos auga) e un vaso pequeno de viño branco (recomendo un albariño da terra) e deixámolo cociñar 10 minutos.
5. Botámoslle sal e pementa ás robalizas.
7. Engadimos a verdura xa feita(pochada) có viño por riba das patacas.
8. Engadimos o brócoli e o tomate e botámoslle un pouco de aceite de oliva por riba.
9. Metemos no forno a 200 grados sobre 25 ou 35 minutos,dependendo do tamaño do peixe.
10. LISTO! A COMER
Comentarios
Publicar un comentario